Friday 19 de April de 2024

O goberno confía en financiar a execución da EDAR cos fondos da próxima convocatoria de Transición Xusta


· Membros do equipo de goberno, tomaron parte, esta semana, nun encontro informativo.

· Segundo informouse na xornada, o Ministerio realizará unha adaptación das bases á que poderán acollerse aqueles Concellos con proxectos que foran descartados na convocatoria anterior.

O Concello de Carral concorrerá á próxima convocatoria de fondos do Instituto para a Transición Xusta. Así o confirman desde o goberno local, indicando, ademais, que encaran a próxima convocatoria con “optimismo”, confiando en recibir o apoio económico necesario para executar o proxecto de innovación na xestión da auga residual e construír unha nova depuradora.

Membros do equipo de goberno tomaron parte no encontro informativo do Convenio de Transición Xusta que se celebrou, esta semana, en Cerceda. Nel, informouse de que o Ministerio realizará unha adaptación das bases destas subvencións á que poderán acollerse aqueles proxectos que foran descartados na anterior convocatoria por non obter a puntuación mínima.

O goberno local reaxustará a proposta presentada no seu momento e volverá presentar o proxecto á convocatoria, confiando en recibir os fondos “para levar a cabo estas obras esenciais en materia de saúde pública”.